Sunday 28 de April de 2024

Camariñas contratará a 12 peóns para traballos de limpeza das súas praias


· O prazo para presentarse ao proceso estará aberto desde mañá, mércores 26 de maio, ata o venres, 4 de xuño.

· Está subvencionado a través do programa da Deputación da Coruña para a limpeza de praias marítimas.

· As instancias poderán entregarase de xeito presencial no Rexistro ou a través da sede electrónica municipal.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica hoxe, martes 25 de maio, a convocatoria pola que o Concello de Camariñas pretende contratar a 12 peóns para realizar traballos de limpeza das súas praias durante a época de verán.

Para participar no proceso, que está subvencionado a través do programa da Deputación da Coruña para a limpeza de praias marítimas, un dos requisitos é ter cumpridos os 16 anos de idade.

O prazo para presentar as candidaturas estará aberto desde mañá, mércores 26 de maio, e ata o venres, 4 de xuño. Os interesados ou interesadas en participar poderán presentar as súas instancias de xeito presencial no Rexistro ou a través da sede electrónica municipal na seguinte ligazón https://sede.camarinas.net/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_PROG_20210525090000142.html